A ABE lanza a campaña #RegalaBoiro con bonos de agasallo para gastar nos establecementos locais

11 Novembro 2020

A Asociación Boirense de Empresarios (ABE) puxo en marcha un nova campaña para favorecer a aposta polo comercio local por parte da cidadanía e con vistas á tempada de Nadal. A campaña consiste en bonos regalo que permiten aos clientes facer agasallos aos seus seres queridos e amizades durante a vindeira tempada ou en celebracións de tipo puntual e específico (aniversarios, celebracións, días especiais).

Ao mesmo tempo, a través de #RegalaBoiro poranse os bonos ao alcance das empresas para que dean forma aos aguinaldos de Nadal para as súas traballadoras e traballadores. Neste intre, froito do traballo realizado, a ABE xa conta con varias empresas que van utilizar os bonos para a devandita finalidade (ou para complementar as tradicionais cestas de nadal) ou para realizar diferentes promocións, sorteos ou agasallos aos seus traballadores e ou clientes. Empresas como JEALSA, Logistica Sueiro, Restaurante Chicolino, Triwus, Mascolor, The Gin Lab, Autoescuela Martiño, Baldani e E.S. Garlou, entre outras, xa están adheridas a esta campaña.

Segundo explicou a ABE, os bonos son unha solución óptima para revitalizar o comercio polos seguintes motivos:

· Porque están adaptados aos gustos e necesidades de cada persoa, xa que se poden utilizar en calquera dos preto de 200 socios e socias da ABE. “Temos ampla variedade de sectores, dende alimentación, moda, calzado ou complementos até viaxes, salóns de peiteado e estética, masaxes, clínicas dentais ou podoloxías, seguros, gasolina”, explicou a asociación, engadindo que con estas promocións tamén poderemos almorzar, xantar, cear, tomar copas, durmir nunha pensión ou casa rural ou mesmo “adquirir produtos mais especializados como material de construción, fogar, ferretería, electrodomésticos e así ata unha manchea de produtos e servizos”.

· Porque o seu consumo é local e repercute nas propias empresas do concello, “nos veciños e veciñas”.

· Porque mostran unha imaxe de unidade do tecido empresarial de Boiro e aportan á ABE unha presenza moderna e adaptada aos novos tempos.

· Porque eliminan o problema de “non sei que regalar” ou de “gustaralle?”.

· Porque quen agasalle estes bonos está “regalando Boiro”.

Os bonos xa están dispoñíbeis na ABE, pódense facer reservas por teléfono, correo electrónico, web ou redes sociais e recóllense en formato físico na sede da ABE.

Respecto do seu funcionamento, distribúense en caixas personalizadas que inclúen vales de compra de 5€ e un listado de todos os socios da ABE onde se poden gastar. Na caixa tamén vai un código QR co que se pode descargar ou consultar o listado no móbil, tableta ou PC.

Cando se recibe o agasallo unicamente hai que empregar os vales como se foran billetes en calquera dos preto de 200 socios e socias que xa veñen indicados no listado da caixa. Non se poden facer devolucións de efectivo e os vales non teñen caducidade.

Outros artigos

Este sábado A Pobra acolle a manifestación contra Altri

Este sábado, 22 de marzo de 2025, levará a cabo na Pobra do Caramiñal unha manifestación por terra e mar en protesta contra o proxecto de instalación dunha planta de celulosa por parte da multinacional portuguesa Altri en Palas de Rei (Lugo) e a posible reapertura da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un año más en mi vida” – Manuel Domínguez

“Un año más en mi vida” – Manuel Domínguez

Una mente ignara, retrograda y obsoleta podría decir, eres un año más viejo. Pues no, soy muchos años más joven. He tenido que recuperar cuentos de la infancia, he tenido que volver practicar la pintura, que bien manejaba en mi juventud, he tenido que recuperar juegos...