O delegado da Xunta de Galicia na Coruña, Gonzalo Trenor, acompañado polo alcalde de Noia, Santiago Freire, supervisaron o resultado das obras de instalación dunha pérgola no parque infantil de Labarta, executadas
cunha axuda a orde de Infraestruturas da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza Turismo. Esta actuación contou cunha achega da Xunta de máis de 27.000 euros e mobilizou cerca de 40.000 euros, foi executada polo propio Concello.
Durante a visita o delegado da Xunta na Coruña informou que a través das ordes do Fondo de Compensación Ambiental e de Infraestruturas repartíronse máis de 846.000 euros en 18 proxectos na comarca do Barbanza.
Trenor destacou que “estas axudas son posibles grazas á aprobación, en 2009 da lei, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental xa que antes os concellos non percibían nada polos muíños de produción de enerxía eléctrica instalados no seu territorio”.
Entre as actuacións máis importantes destacan os case 200.000 euros aprobados en Mazaricos para soportes de contedores, a construción dunha aula da natureza, a mellora da eficiencia enerxética do recinto feiral e limpeza de camiños rurais e os 79.000 aprobados para Porto do Son para obras de abastecemento en Portosín.
Trenor destacou que “estas axudas van a destinadas a financiar iniciativas orientadas á conservación da biodiversidade, ao impulso da eficiencia, ao uso sostible das enerxías renovables e á restauración e reposición do medio ambiente e reequilibrio territorial”.
FONDO COMPENSACIÓN AMBIENTAL
CONCELLO | OUTROS CONCELLOS | PROXECTO | AXUDA | |
Boiro | Renovación de conducións, bombeos e equipos de medida de ETAP | 31.230,25 | ||
Boiro | Adquisición de contedores xenéricos de 800 litros para a mellora dos puntos de reciclaxe na parroquia de Cespón | 3.235,66 | ||
Carnota | Fondo de compensación ambiental en Carnota 2020 | 61.165,17 | ||
Lousame | Ampliación do saneamento en Filgueira | 18.534,90 | ||
Lousame | Reformas varias no local social de Lesende | 13.315,17 | ||
Mancomunidade de concellos Serra do Barbanza | Ames, Brión, Carnota, Lousame, Muros, Noia, Pontecesures, Porto do Son, Rois | Adquisición contedores para recollida de residuos para o Complexo Medioambiental Serra do Barbanza | 83.634,47 | |
Mazaricos | Subministración de soportes para contedores de recollida de RSU, caseta prefabricada de madeira para aula da natureza, mellora da eficiencia enerxética do recinto feiral polivalente, actuacións de roza mecanizada e limpeza de estradas, pistas e camiños rurais | 197.029,60 | ||
Muros | Adquisición dun vehículo dedicado á protección do ambiente e do espazo natural | 55.792,40 | ||
Outes | Programa de protección ambiental 2020 | 37.069,80 | ||
Pobra do Caramiñal, A | Fondo compensación ambiental A Pobra 2020 | 63.931,59 | ||
Porto do Son | Mellora na rede de abastecemento de auga potable de Portosín: Tubería de distribución xeral. Fase 1 (depósito de cabeceira-núcleo de Valcunqueiro) | 79.308,13 | ||
Rianxo | Compra de subministros para o abastecemento dunha illa perimetrada de recollida selectiva de residuos no parque “A Martela” | 7.413,93 | ||
Ribeira | Instalación de rede de pluviais na rúa do Carreiro (Aguiño) | 6.975,44 | ||
TOTAL | 658.636,51 | |||
ORDE INFRAESTRUTURAS
ENTIDADE SOLICITANTE | PROXECTO | ORZAMENTO | AXUDA |
Noia | Pérgola cuberta no parque infantil de Labarta | 39.999,99 | 27.999,99 |
Pobra do Caramiñal, A | Parque infantil cuberto do Camiño Ancho | 83.017,59 | 40.000,00 |
Porto do Son | Reforma e mellora da planta 2ª do concello para a mellora das condicións da Concellaría de Servizos Sociais | 60.920,81 | 40.000,00 |
Rianxo | Dotación de cuberta sobre parque infantil na urbanización da Martela, Rianxo | 65.822,15 | 40.000,00 |
Ribeira | Melloras nas instalacións deportivas da Fieiteira | 86.349,05 | 40.000,00 |
TOTAL | 336.109,59 | 187.999,99 |