Xoán Curiel fai unha parada en Rianxo o día 22

20 Outubro 2020

O músico galego Xoán Curiel, sen dúbida un dos preferidos da nosa rapazada, vai estar os vindeiros días en Rianxo para interpretar algúns dos seus temas recentes de meirande sona, moitos deles incluídos no que se considera a primeira novela-CD da literatura galega, Estamos no verán!!!, que nos conta a historia duns amigos que no verán queren formar un grupo de música.

Segundo informan o Concello e a Biblioteca, trátase dun espectáculo absolutamente participativo, onde se mesturan a música (cunha gran variedade de estilos como o funk, o rock, o pop, o reggae ou a bossa nova) con elementos teatrais ou de clown. A cita, enmarcada no programa Xoves na Biblioteca, será o vindeiro 22 de outubro as 18.00 h no Auditorio de Rianxo. As prazas para acudir son de balde pero deben reservarse a través da conta biblioteca@concelloderianxo.gal (preferente) ou no teléfono 667 185 581, do 15 ao 22 de outubro de 11.00 h a 20.00 h.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Una desgracia peor que la de Adamuz”. José Fernández Lago

“Una desgracia peor que la de Adamuz”. José Fernández Lago

Esta, sufrida en Urda, ha sido más dura, no solo por el número de muertos y heridos, sino también porque “llueve sobre mojado”. Las palabras “inverosímil e inexplicable”, del responsable de los transportes en España, no se sostienen ante el principio que hemos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.