Volven as celebracións das Letras Galegas da man da Asociación Barbantia e o Concello de Boiro

26 Outubro 2020

Esta finde celebramos novamente as Letras Galegas en Boiro, da man de Barbantia, o Concello e Galaxia. Para comezar, o venres 30 de outubro a Estación Leñaverde do Centro Social de Boiro vai acoller ás 20.30 horas da presentación do a obra gañadora do Premio Torrente Ballester 2019, O paraíso dos inocentes, unha novela do escritor boirense de adopción Antón Riveiro Coello (Xinzo de Limia 1964).

O acto do 30, organizado pola Editorial Galaxia e o Concello de Boiro, complementarase coa presentación do número 158 do suplemento cultural A Voz de Barbantia. Intervirán, amais do autor de O paraíso dos inocentes, María Xesús Blanco, vicepresidenta de Barbantia, Xesús Laíño, vogal de Barbantia, Xurxo Couto, deputado de Cultura, e José Ramón Romero, alcalde de Boiro. Está prevista tamén unha actuación das e dos integrantes da Escola de Ballet local: Cen Pliés. A organización lembra que por mor da redución de aforo polas medidas preventivas pola COVID-19 será imprescindíbel formalizar a inscrición en reservacultura@boiro.gal.

As celebracións culturais proseguen en Boiro ao día seguinte, o 31 de outubro, na Casa da Cultura Ramón Martínez López, onde se vai desenvolver (da man de Barbantia e o Concello) un completo programa de actividades para conmemorar o Día das Letras Galegas 2020, que este ano rendeu homenaxe a Ricardo Carvalho Calero. Están previstos os seguintes actos:

· 17:00 h. Presentación literaria: Ricardo Carvalho Calero. A pegada do compromiso, de Héctor Cajaraville

· 17:45 h. Presentación literaria do libro Foula e ronsel. Os anos que marcaron a biografía de Carvalho Calero (1911-1941), de Aurora Marco.

(inscricións para as presentacións en pastor@barbantia.es)

· 18:30 h. Descanso

· 19:00 h. Actuación infantil con Os Monifates

· 19:45 h. Actuación Xilbarbeira

(inscricións nas actividades infantís e musicais en reservacultura@boiro.gal).

Outros artigos

Retirada dunha árbore no lugar de Fornos, no concello de Boiro

Os bombeiros do parque Provincial de Boiro atenderon sobre as 9:00 horas da mañá de hoxe unha chamada na que se informaba dunha árbore caída no lugar de Fornos, en Abanqueiro, no concello de Boiro. Despois de realizar unha valoración inicial no lugar, comprobouse que...

+

A ABE entrega os premios da Campaña de Nadal

A sede da patronal de Boiro acolleu a entrega de premios da Campaña do Nadal da ABE na que clientes, comerciantes e amigos ateigaron o salón de actos na asociación. O acto abriuno o presidente da ABE, Daniel García que destacou que “nos 30 días que durou a campaña...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A toda vela, outra volta!: non queda outra! ” – Antón Luaces

“A toda vela, outra volta!: non queda outra! ” – Antón Luaces

A fame obriga. Ou, o que ven ser o mesmo, a necesidade de reducir custes fai que experiencias acumuladas durante séculos, obriguen aos armadores de todo tipo de buques a repensar antes de investir na construción de novos buques: retornan as velas e, desta vez, non só...