“Unha tolemia moi selectiva”. Antón Luaces

30 Outubro 2020

Cando aínda quedan por rematar as negociacións entre a Unión Europea e o Reino Unido polo tan debatido Brexit,  a Comisión Europea (CE) guinda ao mar unha proposta que rexeita totalmente o sector pesqueiro español, particularmente o galego: un recurtamento do 13% nas capturas de pescada no Cantábrico e entre Fisterra e o Golfo de Cádiz. Unha vareada non ben calibrada nas costas da frota comunitaria española -con maioría de barcos galegos- de repercusións catastróficas social e económicamente falando e xusto cando máis falta fan a aplicación de medidas que permitisen a recuperación deste sector que esmorece por mor da COVID-19. 

Tenta tamén a CE reducións na cota de peixe sapo (rape) e rapante nos mesmos caladoiros e cifra do 13% e do 11%, respectivamente. E no que atinxe á cigala, esta seguirá vedada no Cantábrico durante o vindeiro ano 2021 (só se permitirá a captura de 2.4 toneladas para investigación científica). Sen embargo, a CE aumenta un 5% a cota de xurelo capturado entre Fisterra e o Golfo de Cádiz, ata acadar as 128.627 toneladas. 
Mais os recurtes non quedan ahí: a proposta comunitaria pretende deixar a España unha cota de solla ou platuxa  en augas ibéricas inferior nun 44%, e a capturada ao Oeste de Irlanda co 74% inferior. Reduce tamén o badeixo nun 80% en augas ibéricas e do 30,6% no Golfo de Biscaia. Finalmente, tentan reducir un 42% o linguado de augas ibéricas.
Como pode comprobarse, un recoñecemento moi propio do popular “así fai o demo a quen o sirve”.
Obviamente os armadores galegos -ao igual que os seus compañeiros do resto de España- rexeitan de plano estas propostas da cada vez menos Unión Europea. Recurtar as capturas nunca merece un aplauso de ninguén, pero facelo deste xeito a España e coa que está a caer, é como afondar nos males que afectan especialmente á frota pesqueira deste país dende aquel aciago ano de 1986 no que España pasou a se integrar xunto con Portugal no que hoxe é a Unión Europea e que daquela se denominaba Comisión Económica Europa (CEE).
Os mariñeiros galegos láianse destas propostas de drásticas reducións que non afetan excluisamente a augas da península ibérica. Tamén ás de Escocia, Irlanda e Gran Sol, e a expensas do resultado das negociacións inconclusas do Brexit co Reino Unido.
Para o sector pesqueiro español, en xeral, sería máis asumible ca proposta incluirá os cupos de capturas cotiáns en augas do Norte, cunha redución dos correspondentes ao Reino Unido (cos vixentes criterios de reparto) xa que logo deste xeito teríase producido un “importante sinal” sobor a firmeza de Bruxelas e de ausencia de concesión na discusión do acordo de divorcio.
A patronal do sector español, CEPESCA, agarda un resultado final, aló polos mediados de decembro, que signifique melloras dentro dos rangos previstos para acadar o Rendemento Máximo Sustentable (RMS) coa pesca, establecendo o máis favorable para o pescador. E aínda así, baralla a posibilidade de que se lles conceda, os cupos necesarios en augas do norte, por máis que poidan dicir en Bruxelas que aumentan as cotas de xurelo en augas ibéricas  e que se recoñece o “estado saudable” de 62 das 78 especies sobmetidas a TAC.
En decembro dirán -diremos- que non foi un tan mal reparto como se esperaba. Sempre a mesma cantinela.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...