Un coloquio e unha peza teatral mostraron ante o público da Pobra a raíña castiza de Valle-Inclán

24 Outubro 2020

Ao abeiro da vixésimo segunda edición das Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán na Pobra do Caramiñal, o Elma acolleu na tarde deste venres 23 a conferencia La modernidad en el libro La Reina Castiza, a cargo de Xaquín del Valle-Inclán. A sesión, que foi participativa co público asistente, contou coa presenza da concelleira da Cultura, Patricia Lojo, o alcalde Xosé Lois Piñeiro, o director do Museo Valle-Inclán, Antonio González, ademais de representantes de institucións e do tecido asociativo cultural.

Neste coloquio ofreceuse unha comparativa entra a primeira e segunda edición da obra. O investigador fixo fincapé na importancia que adquire o deseño para o máximo expoñente do esperpento, que, por exemplo, usaba capitulares mentres escribía á man para ver que quería facer. Máis polo miúdo, explicou que “a ilustración é moi limpa e lineal, emprega gran cantidade de branco e pretende buscar a proporción áurea”, engadindo que se observa unha “pura economía primando o deseño sobre o texto” e destacando tamén “o aspecto artístico do libro, pero sen renunciar á procura da perfección literaria”. Para aclaralo, puxo como exemplo que se actualmente escribimos unha carta no ordenador e na segunda folla unicamente están escritas dúas liñas, tenderemos a suprimir ou engadir texto.

A continuación, Tatana Teatro subiu ás táboas para representar a adaptación en galego Farsa e licenza da Raíña Castiza. 20_20, dirixida por Fátima Rey. Ademais, púxose a disposición das persoas asistentes unha reprodución da lámina de Fausto Isorna que se empregou para ilustrar a cartelería das xornadas deste ano.

O programa deste evento está composto por un amplo e plural abano de actividades para tódolos públicos que se desenvolven dende o día 16 ao 31 de outubro, incluíndo teatro, exposición, unha ofrenda cívica ou conferencias, entre outras. Tódalas citas transcorren seguindo as medidas implantadas por mor da COVID-19, polo cal as persoas interesadas en asistir deben formalizar a súa reserva a través do teléfono de contacto 981 843 280, marcando a extensión 2014, en horario de 09.00 a 14.00 horas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.