Santiago por encima do milleiro de casos activos. Falece un home no CHUS

24 Outubro 2020

Os positivos por COVID-19 detectados en Galicia subiron ata os 687 en 24 horas, o que supón o récord de toda a pandemia, xa que o anterior máximo estaba fixado en 516 o 29 de marzo. As persoas que aínda padecen a enfermidade, superaron os 6.000.

A área sanitaria de Santiago-Barbanza anotou un descenso neste último parte, ata os 118 positivos diarios por PCR (-13). Esto sitúa a Santiago, Vigo, Ourense e A Coruña por encima do milleiro de casos activos.

Hai 66 hospitalizados (65 no CHUS e 1 na Rosaleda), 8 en coidados intensivos, todos no CHUS. Falece un home no CHUS de 87 anos, tiña patoloxías previas. Na área sanitaria a cifra de casos activos de coronavirus sitúase este sábado con 1.047 pacientes (+64).

Segundo informa Sanidade ata o momento faleceron en Galicia 860 persoas diagnosticadas de COVID-19. Deste xeito, a cifra de casos activos de coronavirus sitúase este sábado en 6.170, o que supón 290 menos que un día atrás.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...