Sae polos propios medios dun vehículo que caeu ao mar en Boiro

03 Outubro 2020

Un condutor sae polos seus propios medios do seu vehículo, malia caer ao mar en Boiro. A baixamar permitiu que o coche quedase semi somerxido e o condutor puido saír sen axuda. Igualmente, necesitou asistencia médica por algunha ferida leve e malestar nun costado.

Deste xeito, despois de recibir o aviso no 112 Galicia ás 14:30 horas, solicitouse a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que trasladaron ao ferido ao Hospital do Barbanza. Tamén foron informados os Bombeiros de Boiro, que descartaron intervir en canto se confirmou que a persoa estaba fóra do coche, e os efectivos do Servizo Local de Protección Civil. Ademais, contaron coa colaboración dos axentes da Garda Civil.

Caída dun coche o mar en Boiro. remitida

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...