O Concello de Ribeira vén de preparar un programa de actividades para conmemorar o Día das Letras Galegas, dedicada este ano a Ricardo Carvalho Calero e retrasado na súa efeméride ao 31 de outubro por mor do
confinamento.
Así, dende a Concellería de Educación e do Servizo Municipal de Normalización Lingüística organizáronse para a fin de semana unha
serie de accións consistentes nunha función teatral con Teatro Ghazafelhos, nunha sesión contacontos con Charo Pita e máis un espectáculo online con Charo Pita especialmente destinados aos nenos e nenas en idade escolar:
1.- Auditorio Municipal:

“As pitas baixo a chuvia” de Teatro Ghazafelhos, baseada nos textos de Carvalho Calero.
Data: 30/10/2020, venres Hora: 19.00 Lugar: Auditorio Municipal de Ribeira
Duración: 45 minutos
É IMPRESCINDIBLE A RESERVA DE BUTACA. Para facer a reserva envíe, por favor, un correo cos seus datos (nome e apelidos, teléfono de contacto e número de nenos e adultos conviventes que van asistir) e recibirá a contestación cos seus números de butacas.
SINOPSE Ludivina e Tereija son dúas pitas que viven no curral da Barreira. Están agardando a visita de Ricardiño, o neno que ven ás veces xogar con elas. Pero temen que ese dia chova, pois cando isto pasa Ricardiño tolea e perségueas ate pechalas no curral. Coa axuda do Galo Chafarís e o raposo Rosende, tentarán que o neno, deixe de tolear coa choiva e sega a xogar con elas… Adaptación do conto de Ricardo Carvalho Calero As pitas baixo a choiva. Baseado en historias de Xentes da Barreira, O lar de Clara, O país de Erika, Amores Serodios. Teatro Ghazafelhos presenta esta divertida adaptación teatral para o público infantil e familiar.
https://urdime.gal/project/as-pitas-baixo-a-choiva/
2.- Centro Cultural Lustres Rivas
“O gaiteiro arrepiado”, contacontos de Charo Pita
Data: 31/10/2020, sábado
Hora: 12.00 h
Lugar: Salón de actos do Centro Cultural Lustres Rivas
É IMPRESCINDIBLE A INSCRICIÓN PREVIA. Para facer a reserva
envíe, por favor, un correo cos seus datos (nome e apelidos, teléfono
de contacto e número de nenos e adultos conviventes que van asistir)
e recibirá a confirmación da súa reserva. SINOPSE
Historias para pasar un bo momento, aínda que con algo de medo… Monstros e fantasmas, mortos e aparecidos serán os protagonistas desta sesión de contos.
de tradición oral para que todos os públicos.

3.- En liña:
“A farsa da zocas” de Raquel Queizás
Esta breve peza teatral foi escrita por Ricardo Carvalho Calero a
partires dun conto tradicional recollido en San Sadurniño. O autor
homenaxeado este ano nas Letras galegas foi tamén mestre e
director de teatro. Representou esta farsa cómica co seu alumnado
do Colexio Fingoi de Lugo.
Duración: 20 m
Idades recomendadas: alumnado de primaria.
Espectáculo teatral en liña para os centros de ensino de Ribeira. O
día 30 de outubro enviarase unha ligazón aos destinatarios para que
poidan proxectar nas aulas o contacontos de Raquel Queizás. Este
soporte en liña quedará ao dispor ata o día 6 de novembro, venres.
SINOPSE
Dona Edelmira está moi maliña, ela é a señora da casa, con ela viven dous
truáns, o seu home e a irmá deste. O único interese destes pillabáns é quedar cos cartos da señora Edelmira cando morra. Conseguirano? A que prezo?
