Os socialistas piden arranxar o problema de cheiros no cruzamento entre as rúas de Galicia e Barreira

13 Outubro 2020

O grupo socialista de Ribeira, a través da súa concelleira Rita Rial, presentou un rogo para ser debatido en pleno relativo aos cheiros que se están a detectar na contorna do cruzamento entre as rúas da Barreira e a rúa de Galicia, no barrio de Padín onde comeza o parque García Bayón e máis a área portuaria. Segundo fan saber, os malos olores abrollan dos sumidoiros e concéntranse na curva de acceso ao porto, transitando dende a rúa de Galicia. “As emanacións son de alta densidade”, fai saber o PSdG-PSOE no seu comunicado.

En virtude do exposto, os socialistas requiren que o Concello faga unha verificación da procedencia do cheiro por parte do equipo municipal de mantemento de infraestruturas, “en aras de solucionar o problema existente na arqueta sinfónica que dá servizo á dita contorna urbana”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.