“Os grandes bancos de Terranova e os galegos”. Antón Luaces

09 Outubro 2020

O día 9 de marzo de 1995, a historia pesqueira de Galicia comezou a escribirse con letras de trazo groso. Esa liña, que sobreleva unha historia de non menos de tres séculos nos Grandes Bancos de Terranova, fala de barcos galegos ao tempo que o fai de pescadores dunha fasquía franca e decidida, mariñeiros dunha terra brava que, xunto copn bascos e portugueses ergueron neses mares a bandeira dunha fraternidade non exenta de rivalidade ben entendida que fixo que barcos bascos enrolaran mariñeiros de Galicia -factorías como as de Pisbe, en Ferrol, ou Pebsa na Coruña son testemuñas desa longa traxectoria conxunta- e que bacalloeiros galegos levaran a bordo homes bascos que compartían tarefas cos outros naturais dunha terra que subministraba patacas e carne de cocho que permitían alternar xantares que foran de complacencia duns e outros. 

Ese 9 de marzo 1995 foi a data de comezo dunha historia ingrata para os fletaneiros dunha Galicia que levara a Terranova a máis nova tecnoloxía pesqueira, os buques máis modernos de toda a listaxe dos que conformaban as frotas dos mares de NAFO e marcou, como digo con letras de trazo groso, a historia dun país, Canadá, que non soubo apreciar no que valía a presenza en augas fora da súa Zona Económica Exclusiva (ZEE) dos mellores barcos e as mellores tripulacións que nunca, nunca, navegaran aquelas augas noratlánticas. Canadá consumou un acto pirata capturando ilegalmente o fletaneiro galego “Estai”, con base en Vigo, e con moitos dos seus tripulantes residentes nas comarcas do Barbanza, Marín e do Morrazo.
Previamente a esta acción pirata, patrulleiras canadenses  dispararan á proa do “Estai”. O mesmo fixeron con outros barcos asimesmo galegos que acodiron na axuda do fletaneiro vigués. Canadá, segundo o testemuño do embaixador de España nese país norteamericano, mesmo chegou a presentar por escrito unha declaración de guerra contra España. E España calou. Calou, sobre todo, porque non se entendía que a Unión Europea no n actuase decididamente neste conflito no que, directa ou indirectamente, se implicaban tamén Francia, Reino Unido (ambas aliadas indiscutibles e por motivos de interese económico de Canadá) e Dinamarca. Tampouco a organización NAFO dixo nada, e as Nacións Unidas (ONU) optaron por ollar ao Sur cando o debate estaba no Norte. Felipe González, daquela presidente do Goberno español, decidiu que o mellor estaba por vir (pensando, erradamente, que Canadá viría ao rego tarde ou temprano). España mandou á zona do conflito a patrulleira de altura “Vigía” da Armada Española. 
Vinte e cinco anos dempois dese conflito no que falaron as armas canadenses e os razonamentos dos mariñeiros españois (maioritariamente galegos) nada se pechou. Todo sigue aberto, dorosamente aberto para os tripulantes do “Estai” ou o “Playa de Xartaxéns”, entre outros. A historia, tres séculos dempois da presenza en Terranova de homes e barcos galegos, de que unha frota nova de 150 buques de Galicia ensinara a comercializar o fletán negro que os canadenses non traballaban, aínda non está pechada. Vonte e cinco anos dempois destes feitos, Canadá non reparou o dano que fixo a Galicia e aos galegos, e España non clarexou aínda que foi da declaración de guerra feita por Canadá nese tempo.

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.