Os efectivos do Estado e da Xunta traballan para conter e limpar a vertedura de fuel na ría

14 Outubro 2020
O buque Inda traballou durante a noite para conter a mancha de fuel

A mancha marítima de fuel dun quilómetro e medio de longo e catrocentos de ancho da que falamos onte dende O Barbanza, localizada á altura de Ribeira e desprazándose cara a mar aberto, está ser obxecto dun importante operativo de contención e limpeza por parte das administracións estatal e galega. Supervisando os labores, aínda activos, atópase o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (MITMA), a través da Capitanía Marítima de Vilagarcía de Arousa, da Dirección Xeral da Mariña Mercante. O traballo do MITMA coordinouse cos efectivos despregados pola xunta, a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que activou nun primeiro intre o Plan Territorial de Contaminación Mariña Accidental de Galicia (Plan CAMGAL) en situación 2, é dicir, o nivel medio de emerxencia.

Participaron nas tarefas os buques Irmáns García Nodal e Paio Gómez Chariño e as patrulleiras Punta Falcoeiro e Punta Roncadoira con persoal do Servizo de Gardacostas, sumándose aos efectivos de Salvamento Marítimo do Estado, entre os que se incluíu o Salvamar Sargadelos ou o buque de salvamento Don Inda, que se mantivo durante toda a noite na bocana sur da ría poñendo freo ao espallamento dos hidrocarburos.

Segundo informou o MITMA, que activou seguidamente o Plan Marítimo Nacional (emerxencia 1), a mancha de fuel era onte pola noite do tamaño duns 15 campos de fútbol, e fóra detectada ao redor das 14.00 horas polo avión de SASEMAR 102 cando se atopaba en fase de recoñecemento.

Este martes pola noite procedeuse á instalación de medidas de contención e de limpeza na zona afectada co obxectivo de que a mancha non chegue á costa. Capitanía Marítima está a investigar a posíbel orixe do derrame mediante a análise da mancha, a súa localización e tipoloxía. Durante a noite mantívose o dispositivo de limpeza na zona e renováronse as operacións de recollida ao amencer.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...