O voluntariado de Rianxo limpou o río Te de refugallos contaminantes

13 Outubro 2020

Este outono o Proxecto Ríos e a asociación ecoloxista ADEGA organizaron a XIII Limpeza Simultánea Móllate polos ríos, que este ano celebrouse en 49 concellos de toda Galiza, incluído o de Rianxo, onde tivo que ser adiada a quedada xeral do domingo 27 de setembro para ser retomada este sábado 10 de outubro.

A cita contou coa colaboración do voluntariado rianxeiro, do colectivo Fousas ao Monte e do Goberno local, que puxeron o foco, coma noutras ocasións, na limpeza de refugallos no río Te. Como resultado da súa xeira de traballo foron retirados todo tipo de materiais contaminantes, por exemplo un motor, unha roda e moreas de plásticos e papeis.

O Proxecto Ríos, cuxa nova xornada de traballo desenvolveuse en medio centenar de concellos da nosa xeografía, é un programa de Educación e Voluntariado Ambiental que ten “a finalidade de dar a coñecer o importante papel dos cursos fluviais, amosar as súas problemáticas así como fomentar iniciativas que permitan á cidadanía o mantemento e a mellora dos ríos proporcionando as ferramentas que garantan a súa participación”. Este proxecto é iniciativa de ADEGA e está promovido e financiado por Augas de Galicia, organismo que pertence á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, co apoio de Concellos como o de Rianxo ou de entidades como Fousas ao Monte.

Outros artigos

Rianxo e A Estrada xa son oficialmente concellos irmáns

Este luns 19 de outubro formalizouse finalmente a sinatura do protocolo de irmandamento entre os concellos da Estrada e Rianxo, historicamente unidos polas figuras de Virxinia Pereira Renda (A Estrada) e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo). A fraternidade...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.