O Son formou a unha ducia de persoas en lingua de signos

27 Outubro 2020

O Concello de Porto do Son organizou o pasado xoves 22 unha relevante actividade a prol da inclusión: un obradoiro de iniciación á lingua de signos que se desenvolveu nunha sesión de catro horas na Casa da Cultura local e baixo as máis estritas medidas de seguridade anti-COVID (máscara obrigatoria, prazas limitadas e distanciamento). O curso veu da man do departamento de Benestar Social, en colaboración coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns, dependente da Consellería de Sanidade.

Participou no mesmo arredor dunha ducia de persoas, pertencentes, principalmente, aos ámbitos da educación, a sanidade e os coidados, aínda que a sesión tamén foi dirixida á cidadanía en xeral. Foi un obradoiro de balde no que se trataron conceptos prácticos e tamén teóricos (trazos característicos da cultura e identidade xorda, barreiras de comunicación, o modelo curricular Lingua de signos española).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Matemos la soledad” – Manuel Domínguez

“Matemos la soledad” – Manuel Domínguez

Matemos la soledad, el abandono. Somos conocidos o amigos de antaño. Hoy vivimos en soledad, y a veces en el abandono. ¿Tu casa o en la mía? Ambos o ambas tenemos casa, nos valemos por nosotros mismos, así pues juntémonos, y vivamos juntos compartamos la vida. Tu casa...

“Adiviña Número Tres” – Tonio Nóvoa

“Adiviña Número Tres” – Tonio Nóvoa

. Adiviña, adiviñador. . . Aparece á súa hora, sempre aparece:. sorriso medido,. lavado, nin unha enruga,. perfumado de brillos. e ventos de marca. . . Chucha a atención. . . Mírate aos ollos.. Pinta porvires sen sombras,. sen cansazo. . . Fai canto che di. . . Verán...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.