O PSdG-PSOE de Ribeira pide acondicionar o río da Mámoa e recuperalo ambientalmente

16 Outubro 2020

Os socialistas de Ribeira, a través da concelleira Rita Rial, presentarán ao pleno un rogo relativo ao acondicionamento do sendeiro no rego Pedrín e a recuperación da súa contorna, un proxecto de mellora cuxo proxecto de obras foi aprobado na última sesión ordinaria da Corporación. No rogo, o PSdG-PSOE local fai saber que “é de interese público o poder realizar o sendeiro do río da Mámoa, como complemento ao carreiro do río de Pedrín”. Ao mesmo tempo, solicitan proceder á recuperación ambiental do regato da Mámoa, un curso fluvial de escasa entidade en termos de caudal, pero “importante pola súa localización á beira do centro urbano de Ribeira”.

Os socialistas lembran que o seu percorrido comeza no no lugar da Mámoa e discorre por Cubelo, no que se sitúa un antigo lavadoiro que é, actualmente, un refuxio para varias especies de anfibios e mamíferos, cara á avenida Rosalía de Castro. “Desde esta avenida”, explican, “vai canalizado e soterrado, até a dársena portuaria”.

Coa iniciativa presentada “preténdese recuperar a riqueza natural e cultural da conca alta do río da Mámoa”, unha proposta para a que sería precisa a redacción dun proxecto que inclúa non só a recuperación propia do curso fluvial (limpeza do leito e da ribeira), senón tamén a proxección dun percorrido a través da servidume de tránsito do arroio”.

O resultado, engaden, será “un itinerario turístico fluvial que teña en conta a disposición topográfica do terreo en cada parte do curso do río co fin de adaptar as características da senda aos seus atributos naturais”.

O itinerario proposto como base discorre ao longo do río da Mámoa, nunha lonxitude de 685 metros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cita a ciegas, en la tele”. Manuel Dominguez

“Cita a ciegas, en la tele”. Manuel Dominguez

Hay un programa en la tv, de cita a ciegas, lo veo, desde mi afición al conocimiento humano y a la sociología, desde, cuando conocí a Amado de Miguel. Hay una pregunta para mi extraña, la que las chicas hacen a los chicos, ¿Y tú cuantas veces puedes hacer el amor en...

“Altri, la tragedia que se avecina” – Manuel Domínguez

“Altri, la tragedia que se avecina” – Manuel Domínguez

Además de a Rianxo, Boiro, A Pobra y Ribeira, el agua del Ulla llega a Padrón, Dodro, Catoira, Valga y Pontecesures, y también está conectado Vilagarcía. En total, cerca de 150.000 personas las que se abastecen de una red que actualmente presenta algunas dificultades...