O IV Concurso Fotográfico de Micoloxía da Pobra repartirá 750 euros para gastar no comercio local

07 Outubro 2020

As Xornadas Micolóxicas chegan na súa cuarta edición á Pobra do Caramiñal cunha programación que inclúe coloquios, obradoiros, saída ao campo e concurso fotográfico. As persoas interesadas en participar nesta última actividade deberanse inscribir obrigatoriamente, cun prazo establecido dende hoxe e ata o día 16 de outubro ás 12.00 horas.
Para se anotar é preciso enviar un correo electrónico a  medioambiente@apobra.gal  coa seguinte información: nome, apelidos e
teléfono de contacto. Unha vez recibidos eses datos, o Servizo do Medio
Ambiente do Concello remitirá a cada persoa a tarxeta de participación no IV Concurso Fotográfico de Micoloxía.
O prazo para o envío de imaxes finaliza no 6 de novembro, ás 11.59 horas.
Admítense só dúas fotografías por persoa participante e unicamente poderá ser premiada unha delas. En caso de se entregar máis, quedarán excluídas tódalas imaxes presentadas. Ademais, deberán ser orixinais e inéditas,
responsabilizándose as persoas participantes de se-las únicas autoras delas.
Cada concursante deberá imprimi-la tarxeta de participación recibida por correo electrónico e, por cada imaxe para o concurso, débense realizar dúas
fotografías: unha onde se vexa a tarxeta e outra onde non, totalmente anónima, – sendo esta última a que se remita ao xurado-. É preciso enviar ambas.
As imaxes entregaranse en soporte dixital no enderezo electrónico medioambiente@apobra.gal, indicando como asunto Concurso
Fotográfico de Micoloxía 2020.
O xurado emitirá o seu ditame no 13 de novembro e as persoas gañadoras serán nomeadas por unha resolución da Alcaldía, que será publicada no Facebook do Medio Ambiente da Pobra do Caramiñal e na páxina web municipal, ademais de avisar polo correo electrónico ou teléfono.
Os premios consistirán en bonos de compra no comercio local e
establecementos de restauración do municipio (un total de 750 euros).
Considéranse tres galardóns con diferentes contías.

As bases completas están dispoñibles na páxina web www.apobra.gal e a
resolución de dúbidas efectuarase mediante  medioambiente@apobra.gal

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A vivenda” – José Manuel Pena

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...