O Concello de Rianxo achega saneamento ao núcleo de Foxacos

26 Outubro 2020

Os traballadores da empresa Nemesio Ordóñez iniciaron nesta recta final de outubro os traballos de construción do saneamento da aldea de Foxacos, na parroquia de Araño. Durante tres meses e cun importe final de 135.000 euros levaran a cabo os traballos precisos para dar servizo e conectar á rede á totalidade de vivendas do devandito núcleo de poboación.

Segundo lembra o Concello de Rianxo, actuación inclúe depuración autónoma e a posta en marcha de dous depósitos que evitan o uso de bombeos ou electricidade. Os fondos dependen do Plan Único da Deputación e Concello de Rianxo.

Outros artigos

Localizado o veciño do Barral (Rianxo) extraviado dende o martes

A Policía Local de Rianxo comunicou que o veciño que levaba extraviado e sen paradoiro coñecido dende este martes 7 de abril foi finalmente localizado preto do seu domicilio e en bo estado de saúde, aínda que con sinais de desorientación, polo que foi trasladado en...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.