O Concello de Boiro recolle as propostas e e suxestións do empresariado sobre o novo Parque Empresarial

20 Outubro 2020

O alcalde de Boiro, José Ramón Romero, o concelleiro de Urbanismo e Obras, Luís Ruiz, e o concelleiro de Comercio e Industria, Marcos Fajardo, reuníronse na mañá deste martes 20 con representantes do empresariado boirense para tratar a cuestión do novo Parque Empresarial proxectado no municipio, do que falamos os días pasados nos seus detalles dende O Barbanza. O obxectivo desta xuntanza foi explicar os pormenores técnicos e recoller tamén as valoracións e suxestións do tecido produtivo á hora de dar os primeiros pasos para levar a cabo a iniciativa.

Como sinalamos dende este medio, o novo complexo industrial está proxectado na zona de Vista Alegre, a carón da saída da autovía en Boiro. O espazo consta de máis 340.000 metros cadrados con espazo produtivo, zonas verdes e outros equipamentos cos que se solucionaría, en palabras do Concello, “o actual problema de dispoñibilidade de solo industrial que hai no municipio, xa que a Administración local xa non dispón de superficie para materializar o medre e creación de empresas”.

O alcalde e os concelleiros explicaron ás persoas representantes do empresariado boirense as características do proxecto, a localización “nun espazo estratéxico por estar a carón da saída da autovía” e por ser a mais conveniente do municipio “tanto por contar cunha boa comunicación por estrada sen implicar un gran investimento, como pola súa orografía” fixeron saber, aproveitando a xuntanza tamén para tomar nota das súas valoracións en canto ao espazo e a iniciativa en si para comezar a traballar en todo o necesario para levalo a cabo.

Outros artigos

Este xoves 1 será unha xornada máis solleira e con vento do nordés

Comeza outubro baixo o dominio das altas presións, o que propiciará unha xornada de progresiva estabilización meteorolóxica e ausencia xeral de precipitacións. O día comezará con bancos de néboa e nubes baixas en diversos puntos do interior. Co avance da mañá esa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.