O Concello de Boiro impulsa unha comisión de expertos para planificar o futuro do Pazo de Goiáns

23 Outubro 2020
O alcalde de Boiro nunha visita recente aos traballos de reconstrución en Goiáns

O Concello de Boiro creou un equipo de traballo multidisciplinar de expertos para analizar os aspectos técnicos, económicos, sociais, culturais e ambientais do Pazo de Goiáns e a súa contorna, a día de hoxe en fase de rehabilitación por parte do Goberno local. A Comisión de Avaliación e Planificación do Futuro Pazo de Goiáns estará formada por persoas representativas de diversos ámbitos, como son o xurídico, o arquitectónico, o medioambiental, o cultural e histórico, asociacionismo, turístico, económico e empresarial.

O obxectivo principal desta comisión é “decidir os futuros usos do inmóbel unha vez rematen as obras de restauración, tendo en conta as especificacións que recolle o convenio asinado entre o Concello de Boiro e o Ministerio de Cultura para a súa adquisición e tamén as propostas da veciñanza”, tal e como afirma o alcalde, José Ramón Romero, engadindo que a histórica construción estase poñendo en valor para “uso e desfrute de todos os cidadáns de Boiro”, polo que “queremos coñecer tamén a súa opinión”. Segundo fixo saber, “as instalacións son de todas as veciñas e veciños, polo que o mellor é que elas e eles fagan tamén as súas propostas”.

O comité estará formado por persoal técnico municipal e por persoas expertas de diferentes áreas. Tendo en conta as valoracións realizadas tanto polo arquitecto municipal como polo arqueólogo municipal, estase a confeccionar a listaxe de persoas representantes de cada ámbito na comisión, co obxectivo de convocalos a todos e dar os primeiros pasos en canto a futuros usos e aproveitar todas as posibilidades que ofrece.

“O Pazo de Goiáns e toda a súa finca teñen un potencial grandísimo a nivel cultural, arquitectónico, medioambiental, histórico, turístico… e queremos sacarlle o máximo partido”, recoñece o alcalde.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.