O Concello de Boiro, a través da brigada de obras municipal, está a dotar dun treito de beirarrúas á praza Virxe do Carme de Cabo de Cruz, unha actuación que o Goberno local sinala que responde a “unha demanda da veciñanza que vén de antigo” e que se dirixe a mellorar a accesibilidade da contorna. O concelleiro de Urbanismo e Obras, Luís Ruiz, visitou na mañá deste xoves 22 a zona para coñecer a execución das obras.
O departamento de obras está a traballar con medios propios e persoal municipal, para levar a cabo un tramo de beirarrúa duns 50 metros e de 1’5 metros de ancho, que vén a suplir os tramos de cemento que estaban realizados e sobre o que estacionaban os vehículos, impedindo o tránsito de viandantes. “Con esta actuación mellorase a accesibilidade, conectando a nova beirarrúa coa xa existente e sen eliminar os espazos de aparcamento”, engade o Concello.