O Concello de Boiro convoca as bolsas para estudantes para o curso 2020/2021

29 Outubro 2020

O Concello de Boiro convocou as bolsas a estudantes 2020 para o alumnado residente no municipio que curse estudos técnicos, medios ou superiores e que non poidan ser cursados localmente. O Goberno local engadiu que a presentación de solicitudes debe facerse a través do Rexistro Xeral do Concello de Boiro nun prazo de 15 días hábiles despois da publicación das bases no BOP. Destínanse para este fin 5.000 euros en axudas directas para gastos de transporte, alugueiro, manutención…

As persoas participantes deben estar empadroadas en Boiro, ter un máximo de 27 anos e non ter repetido o curso anterior.

O Concello puntualiza que a concesión das bolsas realizarase mediante un réxime de concorrencia competitiva de acordo coa delegación de atribucións recollidas nas bases, entre as que se puntúa a situación familiar, a situación de emprego ou desemprego e o lugar de residencia ou medio de transporte empregado. Unha vez realizados os baremos, as bolsas distribuiranse en tres contías: básica (100 euros), intermedia (150 euros) ou máxima (200 euros).

As solicitudes deben presentarse entregando o formulario, que se pode descargar da web municipal, www.boiro.gal, e toda a documentación no Rexistro Xeral do Concello, nun prazo de 15 días hábiles a partir da publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia. Toda a información sobre a convocatoria está a disposición das persoas interesadas na web municipal (www.boiro.gal) ou na Oficina Municipal de Información a Xuventude (OMIX) de Boiro.

Outros artigos

O Ciclo Mestre Mateo leva Sirāt a Boiro, este domingo no Centro Social

Proseguen en Boiro as proxeccións do Ciclo de Cine Mestre Mateo. Este domingo 25 chegará unha nova cita co mellor cinema galego da man do director Oliver Laxe e o seu último filme Sirāt. Será ás 19.00 horas no Centro Social de Boiro. Sirāt é un filme dramático e de...

+

En Boiro, aprobados os 954.642 euros do POS+ adicional da Deputación

A Corporación do Concello de Boiro celebrou este xoves 22 de outubro o seu novo pleno ordinario, unha sesión que se puido verse novamente a través da canle municipal de Youtube e que saldou, entre outros, coa aprobación definitiva do POS+ adicional da Deputación da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.