Manoele de Felisa e Entremans, en Rianxo na terceira finde de outubro

05 Outubro 2020

A Área de Cultura do Concello de Rianxo compartiu con nós a súa axenda cultural para a terceira fin de semana de outubro, unha axenda puntual que comeza o 16 de outubro, na Sala Arcos Moldes do Auditorio, coa celebración dun concerto do cantautor de Cuntis Manoele de Felisa. A actuación está prevista para as 21.00 horas e a entrada será de balde, con previa reserva en auditorio@concelloderianxo.gal​​​​ ou no teléfono 664 183 217, do 05 ao 14 de outubro, de 09.00 a 13.30 horas, en días laborais.

Un día máis tarde no mesmo escenario do Auditorio de Rianxo, o 17 de outubro, temos unha cita co baile da man da compañía de danza Entremans, que ofrecerá na vila o seu espectáculo Gaia, unha proposta artística que xunta diferentes linguaxes e códigos (voz, danza, pintura, música, audiovisual) para facernos descubrir “o poder e a beleza do noso planeta e dos seus tesouros naturais”). A función será o 17 de outubro ás 19.00 horas. Está destinado a un público infantil e familiar, para nenos e nenas maiores de 3 anos. A entrada é de balde e pode obterse na devandita conta de correo e no mencionado número de teléfono, en horario de mañá.

Estas propostas forman parte do programa Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Propongo” – Manuel Domínguez

“Propongo” – Manuel Domínguez

Propongo una gran concentración ciudadana, empresarios, obreros, amas de casa, estudiantes, pueblo en general. Manifestando la repulsa, ante la cantidad de vandalismo que tenemos que sufrir diariamente Algo no funciona, la policía detiene al ladrón, le llevan al...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.