Lousame acolle esta finde un concerto de Uxía Lambona e unha escape room baseada en Harry Potter

13 Outubro 2020

O Concello de Lousame organiza esta fin de semana dúas actividades dirixidas á poboación infantil do termo municipal. Por unha banda, temos unha experiencia de escapismo e aventura (unha escape room) baseada nunha das novelas de Harry Potter. Isto será o día 17 de outubro, sábado. Pola outra celebrarase un concerto de Uxía Lambona e a Banda Molona, o domingo 18. En palabras do Concello, trátase de dous espectáculos gratuítos pero “de aforo limitado debido á COVID-19”. Por esta causa, os veciños e veciñas que desexen asistir a algún deles deberán reservar a súa entrada na Casa da Cultura de Lousame (981 825 780).

Un intre da actividade baseada no universo de Harry Potter

Respecto á actividade baseada en Harry Potter, a concelleira de Cultura, Silvia Agrafojo, explica que “será unha escape room”, unha das actividades de lecer “máis puxantes nestes momentos entre o público novo”. A dinámica, comenta, consistirá en situar ás persoas participantes nun espazo cunha decoración inspirada na novela Harry Potter e o cáliz de lume, onde “terán que axudar ao novo mago a fuxir desa habitación na que está atrapado a través da resolución de distintos enigmas”.

Para facilitar a participación do maior número de rapaces e rapazas de Lousame, o Concello organizará tres sesións: ás 17.00, 18.00 e 19.00 horas. A actividade terá unha duración de 45 minutos e celebrarase na Casa da Cultura, coincidindo coa conmemoración do Día da Biblioteca 2020. A cita vén da man do Concello de Lousame en colaboración co programa Ler conta moito da Xunta de Galicia.

Concerto infantil

O domingo 18 de outubro, ás 18.00 horas, celébrase o concerto infantil Astronauta sideral, do grupo Uxía Lambona e a Banda Molona. Para aumentar o aforo, o concerto non terá lugar no auditorio da Casa da Cultura senón no Polideportivo Municipal Pilar Barreiro Senra, ata onde poderán achegarse un máximo de cen persoas. Astronauta sideral é o terceiro disco desta banda musical infantil nacida no ano 2014 e que ten como obxectivo facer cantar e bailar a todos os nenos e nenas que se acheguen ao polideportivo lousamiá.

Como nos seus anteriores traballo, o equipo de Troula Animación SL achegará á rapazada de Lousame unha selección de música tradicional galega dun xeito atractivo e divertido, cambiando as letras e os estilos musicais, mesturándoos con intervencións cómicas, mascotas e outras sorpresas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.