Infraestruturas investirá 310.000 euros na construción dunha glorieta en Xuño

30 Outubro 2020

A Consellería de Infraestruturas ten previsto investir na construción dunha glorieta en Xuño mais de 300.000 euros, incluídas as expropiacións necesarias para acometer os traballos. A obra conta cun prazo de execución de tres meses.

A glorieta terá un diámetro de 28 metros e o que se pretende é unha ruptura no comportamento dos condutores entre a zona urbana e a interurbana e que, deste xeito, moderen a velocidade. O proxecto prevé que se manteñan as prazas de estacionamento existentes na zona, pero serán readaptados ao novo trazado da rotonda. Así mesmo, dado que o tramo da AC-550 no que se actuará discorre por unha travesía, e para favorecer a permeabilidade do tránsito peonil, implantarase un paso de peóns a unha distancia de 35 metros da glorieta, en dirección a Ribeira.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.