Galicia restrinxe a mobilidade entre as 23,00 h e as 06,00 h

27 Outubro 2020

Así se decidiu tras a xuntanza do comité clínico, que descartou polo momento ampliar ou modificar as demais restricións vixentes actualmente en Galicia.

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, acompañado do xerente do Servizo Galego de Saúde, José Flores, e da directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán Parrondo, ofrecen unha rolda de prensa para informar dos asuntos tratados no comité clínico de Sanidade.

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, anunciou que Galicia restrinxirá a mobilidade entre as once da noite e as seis da mañá, cumprindo deste xeito a normativa estatal. Segundo confirmou Comesaña, o comité clínico considerou que este horario é suficiente, tendo en conta que toda a Comunidade está cumprindo o nivel 2 de restricións desde hai unha semana e que se limitaron as xuntanzas a un número máximo de 5 persoas, coas consabidas excepcións en determinados concellos e comarcas.

Na súa comparecencia, na que estivo acompañado polo xerente do Sergas, José Flores, e a directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán, o conselleiro de Sanidade manifestou a súa preocupación pola evolución epidemiolóxica no concello de Lugo e nas comarcas de Ferrol, Pontevedra e Vigo, así como pola situación das comarcas de Santiago, Verín e O Carballiño. Tamén se referiu á situación nas comarcas de Ourense e Barbadás que a día de hoxe arroxan resultados estables.

Á vista desta situación, Comesaña confirmou que, se ben na xuntanza de onte do comité clínico non se decidiron novas medidas a adoptar, non se desbota a posibilidade de que na reunión do venres haxa que tomar novas decisións restritivas en función de como vai respondendo a evolución da pandemia. Neste sentido, a directora xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, Carmen Durán, confirmou que se está a monitorizar continuamente a situación da covid-19 en Galicia, e que se esta empeora, o comité terá que actuar en consecuencia.

O titular da carteira sanitaria galega insistiu en reiteradas ocasións sobre a necesidade de cumprir as restricións e de tomalas moi en serio polo ben da conxunto da sociedade, lembrando que o virus segue moi activo. Agradeceu a toda a cidadanía que está a seguir as normas e fixo un chamamento para que todos os cidadáns se comprometan no cumprimento das restricións.

Pola súa banda, o xerente do Sergas, José Flores, confirmou que a capacidade asistencial está garantida e que calquera cidadán que necesite atención sanitaria tanto pola covid-19 como por calquera outra patoloxía estará atendido. Se ben continúa a aumentar a ocupación de camas nos hospitais, tanto en planta como en UCI, as cifras aínda están lonxe das dos peores momentos da pandemia.

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Ratos, ratiños e tornarratos” – Antón Luaces

“Ratos, ratiños e tornarratos” – Antón Luaces

O que foi e o que non é;  o que puido ser e a realidade converteu nunha experiencia máis para todos; o que o presidente autonómico canario quixo transmitir coma un relato propio daquel personaxe que foi "Cantinflas", quedará gravado para sempre na memoria de cantos, a...

“Noia sí, Lugo no” – Carlos Moledo

“Noia sí, Lugo no” – Carlos Moledo

Hay una vieja trampa del poder que consiste en creer que las herramientas de la política pertenecen a quienes las inventan. Que el garrote es legítimo en tus manos y criminal en las del adversario. Que la ley vale cuando te protege y es injusta cuando te golpea. La...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.