Galicia alcanza un novo récord con 755 casos diarios de COVID-19. Os concellos en alerta vermella chegan ós 45

31 Outubro 2020

Oito falecidos, entre eles tres usuarias de residencias, elevan a 910 as vítimas mortais en Galicia. Na área sanitaria Santiago-Barbanza faleceu onte unha muller de 86 anos no Chus. Fora diagnosticada de infección por Coronavirus e tiña patoloxías previas. O número de falecidos chega a 140 na área sanitaria. Lembrar que ata o martes está Decretado o peche perimetral de Santiago, Ames e Teo e as capitais galegas.

Aumenta tamén a incidencia nas áreas sanitarias da Coruña, Lugo e Ourense, mentres baixa nas de Santiago, Ferrol e Pontevedra

Os contaxios de COVID-19 detectados nas últimas 24 horas en Galicia volveron a alcanzar un novo récord histórico, con 755.


Segundo informa Sanidade baixaron a incidencia diaria do coronavirus as áreas de Santiago-Barbanza, con 84 novos contagios (-31), Ferrol, con 64 (-35), e Pontevedra-O Salnés, con 53 (-23), que ademais son as menos afectadas de acordo cos datos deste sábado.

De todas as áreas sanitarias, a de Vigo disparouse a 215, tamén a cifra máis alta de toda a pandemia, con 30 máis que o día anterior.

En canto ós concellos Muros presenta o maior número de casos e está en nivel 1 (máis de 21 casos nos últimos sete días), Boiro, Noia, Ribeira, Rianxo e O Son están en nivel 1 con entre 7 e 14 casos. Outes, Lousame e A Pobra, están en nivel 0 con menos de 7 casos

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.