Este sábado celébrase a primeira manga da II Regata Alca, con saída na Pobra

17 Outubro 2020

O Club Náutico Arousa Norte, con sede na Pobra do Caramiñal, organiza este outono, entre outubro e decembro, a segunda edición da Regata Alca, contando co patrocinio da firma compostelá que dá nome ao evento deportivo. Este consta de catro mangas distribuídas nos días 17 e 31 de outubro, 21 de novembro e 12 de decembro. A primeira manga consistirá nun percorrido costeiro de entre 10 e 15 millas con saída prevista para as 14.00 horas deste sábado. As previsións indican nubes e claros con vento de compoñente sur de 10 nós.

Segundo nos conta a organización, na liña de saída, instalada nas inmediacións da dársena pobrense, veranse as caras os cruceiros da clase ORC, representando á totalidade dos clubs náuticos da nosa ría e algún da veciña Ría de Pontevedra.

As seguintes etapas consistirán tamén nun percorrido costeiro, pero dependendo das condicións meteorolóxicas, a organización expón realizar algunha proba de tipo barlovento-sotavento e outra en modalidade inversa.

Os barcos máis regulares en todas as probas serán os que leven ás súas vitrinas o título desta regata que xa na anterior edición reuniu na liña de saída a unha quincena de embarcacións.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...