En Ribeira detida unha parella por acoitelamento

23 Outubro 2020

Axentes da Policía Nacional adscritos á comisaría de Ribeira procederon á detención de dous individuos, un varon e unha muller, ambos veciños de Ribeira , pola súa presunta participación nun delito de homicidio en grao de tentativa ocorrido durante a madrugada do pasado domingo nesta localidade.

Concretamente, os feitos, dos que informamos e O Barbanza, tiveron lugar  cando , sobre as 04.00 hs, tres individuos compareceron no domicilio da vítima, sito na rúa Romero Ortiz, procedendo un deles a propinarlle unha malleira para, posteriormente, asestarlle varias coitelada nas costas e diversas partes do seu corpo.

Tras practicar unha investigación sobre os feitos citados e, lograrse a identificación dos autores, estableceuse un dispositivo policial tendente  á súa localización , o cal deu como froito a detención dos citados. Aos detidos, que pasaron o día da data a disposición xudicial, cónstanlles antecedentes policiais. Ao home numerosos antecedentes por roubos con forza e por roubos con violencia e intimidación e a ela un antecedente por malos tratos no ámbito familiar. Continúase a investigación a fin de lograr o total esclarecemento dos feitos.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...