Dado de alta un ferido nunha trifulca en Ribeira

18 Outubro 2020

Catro persoas parece que participaron nunha liorta acontecida de madrugada nun edificio da rúa Romero Ortiz 21 de Ribeira, unha delas resultou ferida con mazaduras e tivo que ser trasladada en ambulancia ao hospital barbancés, se ben foi dado de alta posteriormente.

A Policía Nacional cree que tres persoas acudiron ao lugar co propósito de pegarlle a unha cuarta, que reside na zona. O suceso podería estar relacionado co tráfico de estupefacientes e non se descarta que se trate dun axuste de contas. A Policía Nacional busca agora aos presuntos agresores. Co fin de solicitar probas, axentes da científica precintaron o edificio para unha inspección exhaustiva.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...