En Rianxo unha muller resultou ferida nunha saída de vía en Taragoña

26 Outubro 2020


Accidente na Ag-11 a altura de Taragoña. cedida

A autovía do Barbanza rexistrou esta pasada noite un accidente de tráfico a altura da parroquia de Taragoña, cando un turismo que circulaba en dirección a Ribeira saíuse da vía na entrada do viaduto que atravesa a enseada de Beluso.

A condutora do vehículo resultou ferida e o turismo no que viaxaba saíuse da estrada e impactou co gardarraíl do vial.

Bombeiros de Boiro, a Policía Local e Protección Civil de Rianxo desprazáronse ao lugar dos feitos despois de recibir o aviso do 112 ao redor das 21.15 horas. A condutora sufriu lesións que, en principio, non revestían gravidade se ben foi trasladada nunha ambulancia do 061 ao hospital comarcal.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“El blanqueo como política de Estado” – José Antonio Constenla

“El blanqueo como política de Estado” – José Antonio Constenla

Hay gobiernos que pasan a la historia por sus reformas, otros por sus crisis y algunos, los más cínicos, por su habilidad para llamar “normalización” a lo que es claudicación. Pedro Sánchez parece decidido a inscribirse en esta última categoría con una perseverancia...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.