CONGALSA amplía até o remate de outubro a participación na súa andaina solidaria

13 Outubro 2020

Quen queira participar na andaina solidaria da empresa CONGALSA, convocada este ano (por quinta vez) pola firma da Pobra cunha marcada pola viraxe ao dixital, pode facelo até o 31 de outubro. A nova edición da andaina solidaria de CONGALSA busca recadar fondos para botar unha man, a través de ONG locais, ás familias máis necesitadas do Barbanza (especialmente ás máis afectadas pola pandemia). Segundo informou a empresa, se ben estaba previsto inicialmente que a andaina rematase o 15 de outubro, decidiuse estender a iniciativa até o 31 de outubro “debido ao gran volume de participantes”. De feito, a finais da semana pasada xa había 250 persoas inscritas.

Quinta edición

Como dixemos, trátase da quinta edición desta iniciativa benéfica que busca recadar fondos para destinar, a través de ONG locais, ás familias máis necesitadas do Barbanza (especialmente ás máis afectadas pola pandemia).

Os interesados en participar deben inscribirse a través do sitio web https://inscripciones.galitiming.com/. Nas catro edicións anteriores, a cota de inscrición era 1 quilogramos de alimentos, pero nesta convocatoria para poder cumprir cos protocolos COVID, fixouse unha cota solidaria de tres euros.

Respecto das andainas a realizar, pódense facer dende onde queiramos (é unha experiencia virtual) e co destino que desexemos, e tamén podemos elixir con quen facela.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.