Comeza o curso de cociña do PIE “Boiro Emprega”

08 Outubro 2020

O Concello de Boiro leva a cabo un Programa Integrado de Emprego
“Boiro Emprega” que ten como obxectivo a formación de persoas
desempregadas para a súa inserción laboral. Esta mañá deu comezo o curso
de Operacións Básicas de Cociña que se vai levar a cabo ata o mes de
decembro no Centro de Formación e Viveiro de Empresas de Espiñeira.
O certificado de profesionalidade de Operacións Básicas de Cociña vai
ter unha duración total de 270 horas de formación no centro e outras 80 horas de prácticas en empresas da comarca. O obxectivo das actividades formativas de “Boiro Emprega” é fomentar a inserción laboral nos principais sectores produtivos da comarca para promover a contratación local.
No Plan Integral de Emprego “Boiro Emprega” participan un total de 100
persoas desempregadas que están a realizar un plan formativo e de orientación laboral en función dos seus intereses, tendo en conta un itinerario de emprego personalizado. A formación que se estivo realizando ata o momento tivo como finalidade que o alumnado participante obtivese os coñecementos e competencias transversais para a procura do emprego.
Esta mañá deu comezo o curso de Operacións Básicas de Cociña,
cunha duración de 350 horas. O alumnado recibiu previamente formación en manipulación de alimentos, manexo de carretillas elevadoras, prevención de riscos laborais ou competencias dixitais básicas como marketing dixital.

Outros artigos

O Ciclo Mestre Mateo leva Sirāt a Boiro, este domingo no Centro Social

Proseguen en Boiro as proxeccións do Ciclo de Cine Mestre Mateo. Este domingo 25 chegará unha nova cita co mellor cinema galego da man do director Oliver Laxe e o seu último filme Sirāt. Será ás 19.00 horas no Centro Social de Boiro. Sirāt é un filme dramático e de...

+

En Boiro, aprobados os 954.642 euros do POS+ adicional da Deputación

A Corporación do Concello de Boiro celebrou este xoves 22 de outubro o seu novo pleno ordinario, unha sesión que se puido verse novamente a través da canle municipal de Youtube e que saldou, entre outros, coa aprobación definitiva do POS+ adicional da Deputación da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.