Comeza a instalación do ascensor da Clínica Vella de Rianxo

14 Outubro 2020

Comezaron en Rianxo esta semana as obras de instalación dun ascensor no edificio da Clínica Vella. Os traballos, adxudicados por un importe de 55.465,09 euros e cun prazo de execución de tres meses, están a ser despregados pola empresa Obras Gallaecia.

O proxecto forma parte do Plan Único da Deputación da Coruña e o Concello de Rianxo. O ascensor, informa o Goberno local, dará servizo a tres andares da antiga edificación que albergará servizos municipais (o obradoiro de emprego Clínica Vella, locais de ensaio para a mocidade) e, na parte superior do edificio, o Instituto Social da Marina.

O obxectivo é “resolver os problemas de accesibilidade que afectaban aos centos de beneficiarios e afiliados do mar que tiñan o seu centro de referencia de atención nestas oficinas”. A obra inclúe a instalación dun ascensor exterior independente para facilitar o acceso a cada un dos andares do inmóbel.

Outros artigos

Rianxo e A Estrada xa son oficialmente concellos irmáns

Este luns 19 de outubro formalizouse finalmente a sinatura do protocolo de irmandamento entre os concellos da Estrada e Rianxo, historicamente unidos polas figuras de Virxinia Pereira Renda (A Estrada) e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo). A fraternidade...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.