Boiro promove información sobre a píllara nos centros de ensino

27 Outubro 2020

O departamento de Medio Ambiente do Concello de Boiro, mediante a
Sociedade Española de Ornitoloxía (SEO BirdLife), promove nos centros de
ensino do municipio charlas para a concienciación da conservación da Píllara das dunas no noso territorio. Esta mañá o alumnado dos CEIP Santa Baia e CEIP Abanqueiro familiarizáronse con esta ave.
SEO BirdLife desenvolve o “Proxecto Conservación da Pillara das Dunas
(Charadrius alexandrinus) nas praias da península do Barbanza. A Coruña”,
gracias ao financiamento da Deputación Provincial da Coruña. A maior parte da poboación galega de píllara atópase na comarca do Barbanza, sendo unha das mais importantes para a conservación desta especie en Galicia.
Co obxectivo de reforzar os labores de divulgación e educación ambiental, a asociación e o departamento de Medio Ambiente municipal, organizan charlas de concienciación para o alumnado de sexto curso dos centros de ensino do municipio. Este ano foi o alumnado do CEIP Santa Baia e CEIP Abanqueiro o que participou esta mañá nas xornadas para coñecer as
características desta ave, a súa bioloxía e ameazas, así como as actuacións
que se están aplicando para a súa conservación e coñecer de que maneira
todos podemos colaborar.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.