Boiro activa un plan para mitigar as consecuencias da COVID no tecido económico e social: o plan Reactiva-T

09 Outubro 2020

O Concello de Boiro presentou este venres 9 unha iniciativa directamente encamiñada a impulsar a recuperación produtiva trala grave crise derivada da pandemia de COVID19. Estamos a falar do plan Boiro Reactiva-T, que inclúe subvencións directas para a pequena e mediana empresa e máis investimento público e proxectos para fomentar o emprego no municipio. Na presentación interviron o alcalde, José Ramón Romero, e o concelleiro de Comercio e Industria, Marcos Fajardo, que estiveron acompañados do presidente da Asociación Boirense de Empresarios (ABE), Daniel García, e das persoas encargadas das diversas partes do plan.

Segundo informaron Boiro Reactiva-T inclúe tamén unha serie de medidas económicas e fiscais dirixidas ao comercio e empresariado que viu reducida a súa actividade a consecuencia da COVID-19. Con esta finalidade, vaise poñer en marcha unha oficina municipal de reactivación económica e social, para “ofrecer á cidadanía información e axuda específica”, explicaron, engadindo que unha parte fundamental da reactivación económica e social “é a formación para o emprego”, que entronca cos programas de capacitación que desenvolve o Concello esta tempada no Centro de Formación e Viveiro de Empresas de Espiñeira. No mesmo lugar hai servizos a disposición do emprego e o emprendemento, como o programa de coworking Emprende Lab Barbanza.

Ademais de todas estas medidas, o Concello de Boiro vai lanzar unha liña de axudas directas a pemes e autónomos, gracias a unha subvención da Deputación Provincial da Coruña por un valor superior aos 330.000 euros.

Outros artigos

Boiro acolleu unha nova edición do encontro Xeografía Empresarial

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) acolleu este venres 9 de outubro un novo encontro do proxecto Xeografía Empresarial, que reuniu en formato almorzo e con aforo completo a representantes de 55 empresas para reflexionar sobre o presente e o futuro da industria e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.