Avanzan as obras da nova sede do Club de Remo de Cabo de Cruz

16 Outubro 2020

O Concello de Boiro segue avanzando nas obras da construción do
inmoble que será a nova sede do Club de Remo de Cabo de Cruz, que está
previsto que estea rematado a finais de ano. O concelleiro de Urbanismo e
Obras, Luís Ruiz, visitou as instalacións acompañado do arquitecto municipal, Emilio Piña, para supervisar a execución das obras.

Despois de varios retrasos na execución da obra, producidos por un poste de alta tensión, e dunhas modificacións do proxecto para redeseñar o aspecto do mesmo, a obra avanza a bo ritmo e ten de prazo de execución ata finais deste ano. Está realizada xa a cimentación e a estrutura, así como colocada a cuberta e os paneis da fachada.

O Concello de Boiro, a empresa adxudicataria e o Club de Remo están
en contacto constante para que o resultado final da obra se adapte ás
necesidades dos deportistas. Nas ultimas semanas fíxose algún pequeno
axuste na ubicación de portas e ventas no interior da instalación para que estas se adapten as necesidades dos remeiros. Os operarios traballan agora na tabicación interior e o illamento, para proceder despois a rematar as
instalacións interiores, os arranxos de carpintaría e acabados.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...