Aprobada no pleno de Boiro a moción para alumear e dotar con pasos de peóns a AC-305

09 Outubro 2020

O Concello de Boiro habilitou no seu espazo de Youtube o pleno deste xoves 8 de outubro, unha sesión ordinaria que contou con dúas ausencias (as de Carlos Ansoar, do BNG, e Beatriz Deus, do PP) e que comezou coa aprobación da xuntanza previa do 10 de setembro (por unanimidade) e coa retirada dun punto relativo aos dereitos dos animais (unha proposta para impulsar a recollida de animais abandonados e outras cuestións a prol da súa protección) que non puido prosperar por “fallos de redacción”. Tamén se acordaron os días festivos locais para 2021 e aprobouse (con 9 nove votos a favor, os do PSOE, BNG, Boiro Novo, IC Boiro e Ciudadanos, e as abstencións do PP) unha moción de IC Boiro – Mixto en relación á instalación de alumeado e pintado de pasos de peóns na estrada AC-305, co fi de mellorar a seguridade neste viario.

Igualmente, deuse o visto bo (coas abstencións do PP e do BNG e cos votos a favor dos grupos restantes) a unha moción relacionada co Centro de Saúde de Saltiño, ao tempo que se aprobou por unanimidade unha proposta do BNG para a construción de beirarrúas en Ferreiros.

O Partido Popular presentou en pleno unha moción para instar á aprobación dunha lei que garanta o dereito constitucional da propiedade privada e combata eficazmente a ocupación ilegal de vivendas. Foi denegada cos votos a favor do PP e co rexeitamento do PSOE, o BNG, Boiro Novo e IC Boiro. Ciudadanos abstívose neste punto.

Por último, saíu adiante por unanimidade a proposición dos socialistas relativa aos custos nos gastos de limpeza e desinfección nos centros educativos do concello.

Outros artigos

Accidente de tráfico no acceso ao polígono de Espiñeira, en Boiro

Os bombeiros do parque comarcal provincial de Boiro recibiron unha chamada ao redor das 20:00 horas deste mércores 15 de maio alertando dun accidente de tráfico no acceso ao Polígono de Espiñeira coa estrada AG-11, no concello de Boiro. Á chegada dos bombeiros as...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Día das Letras Galegas 2025”. Manuel Dominguez

“Día das Letras Galegas 2025”. Manuel Dominguez

Andrés do Barro, cantante, compositor de soul galego, grandes éxitos dende 1975 onde as linguas do Estado foron confinadas, censuradas, ata acadar o primeiro posto nas listas dos discos máis vendidos en España tres veces seguidas: primeiro en 1969 con O trem , logo en...