A Pobra organiza un obradoiro tecnolóxico para reducir a fenda dixital de xénero

28 Outubro 2020

Co fin de seguir loitando contra a brecha tecnolóxica agravada pola crise sanitaria (unha situación que demanda recursos e coñecementos para traballar e formarnos en remoto que non todas as persoas están en disposición de acadar), a Concellaría da Igualdade da Pobra do Caramiñal vai organizar un obradoiro para mulleres titulado Dixitalizad@s. Eliminando a fenda dixital de xénero e previsto para o mes de novembro (2, 4, 6, 9, 11, 13, 16 e 18), en horario de 10.00 a 12.00 horas, na aula de estudo situada no andar superior da Biblioteca Municipal.

O obxectivo deste taller práctico-teórico é formar ás mulleres locais en diferentes aspectos prácticos da vida cotiá que precisan da tecnoloxía, especialmente aqueles que requiren da relación coa Administración Pública. Neste senso, o programa estrutúrase en sete sesións: Como me preparo para facer trámites dende o meu ordenador, Que é un certificado dixital e outros sistemas de acceso á sede electrónica, Trámites coa Seguridade Social, Trámites co Ministerio de Xustiza, Trámites co Concello da Pobra do Caramiñal, Trámites coa Axencia Tributaria e Redes sociais.

Trátase dunha actividade de balde e as prazas son limitadas, polo cal as persoas interesadas deberán realizar a súa inscrición a través do enderezo electrónico igualdade@apobra.gal ou do teléfono de contacto 981 832 764, marcando a extensión 2206. A acción está financiada pola Secretaría Xeral da Igualdade e a Unión Europea.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...