A Pobra e Ribeira entre os portos comerciais beneficiados por vixilancia e control

22 Outubro 2020

Portos de Galicia licitará 4,1 millóns de euros para o servizo de vixilancia e control de accesos dos seus peiraos comerciais. O Consello de la Xunta autorizou o inicio do expediente desta actuación derivada das directrices do código internacional de Protección de Buques e Instalacións Portuarias.

Este protocolo é de aplicación nos portos comerciais que reciben buques internacionais e que, no caso dos de titularidade autonómica son os de A Pobra do Caramiñal, Ribeira, Ribadeo, Burela, Celeiro, Cariño, Laxe e Brens-Cee.

Nestes portos xa se desenvolven medidas específicas do código e con esta actuación, refórzase e promove unha maior seguridade das persoas e das mercadorías durante as tarefas de carga e descarga.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.