A Ludoteca Agarimo de Rianxo acollerá unha charla de balde sobre felicidade familiar

22 Outubro 2020

A Ludoteca Agarimo de Rianxo vai acoller os vindeiros días unha charla de interese para nais, pais e profesionais da educación, centrada en achegar recursos, metodoloxías e pautas a aplicar para termos máis calidade de vida psicolóxica no ámbito familiar. A sesión, que será de balde, celebrarase o día 29 de outubro a partir das 17.30 horas e ao seu abeiro tocaranse temas afectivo-emocionais, recursos para a xestión de conflitos e a comunicación, e consellos para lograr o equilibro emocional no ámbito do fogar.

A charla será impartida pola psicóloga e sexóloga Olga Núñez Blanco, experta en naturopatía e instrutora de ioga integral. A cita abéirase ao ciclo Escola para Ma-Pa-Dres e Coidadores. As inscricións poden facerse até o día 27 deste mes, a través do teléfono 687 332 809 ou ben enviando un correo electrónico a ludotecaagarimo@gmail.com.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Una desgracia peor que la de Adamuz”. José Fernández Lago

“Una desgracia peor que la de Adamuz”. José Fernández Lago

Esta, sufrida en Urda, ha sido más dura, no solo por el número de muertos y heridos, sino también porque “llueve sobre mojado”. Las palabras “inverosímil e inexplicable”, del responsable de los transportes en España, no se sostienen ante el principio que hemos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.