A Deputación e o Concello de Rianxo achegarán 161.791 euros para axudar á reactivación produtiva

15 Outubro 2020

O Concello de Rianxo vén formalizar a súa adhesión ao programa PEL Reactiva, impulsado pola Deputación Provincial da Coruña para fortalecer e impulsar a actividade económica e o emprego nos municipios de menos de 50.000 habitantes, poñendo o foco en mitigar as consecuencias da crise sanitaria e económica nas microempresas e nas persoas autónomas. O programa vén en Rianxo cun orzamento de 161.791 €, dividido do seguinte xeito: 129.433,49 € achegados pola entidade provincial e 32.358,37 € fornecidos polo Concello.

O Goberno local explica que as persoas destinatarias finais das axudas son as traballadoras autónomas con ou sen traballadores/as ao seu cargo e microempresas, calquera que sexa a súa forma xurídica, que se atopen nalgún dos supostos indicados a continuación:

Grupo I: Que se viran afectadas polo peche en virtude do disposto no RD 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, e a súa modificación aprobada no RD 465/2020, do 17 de marzo.

Grupo II: Que non se viran afectadas polo peche, pero cuxa facturación no segundo trimestre fiscal de 2020 se vira reducida, polo menos, nun 75% en relación coa media efectuada no semestre natural anterior á declaración do estado de alarma. Cando a persoa física ou xurídica non leve de alta os seis meses naturais esixidos para a acreditar a redución os ingresos, a valoración levarase a cabo tendo en conta o período de actividade.

Grupo III: Que se viran na obriga de acollerse a un ERTE (Expediente de Regulación Temporal de Emprego), nos termos establecidos no RD 465/2020, do 17 de marzo.

As contías serán fixas, e poden ir desde os 1.500 ata os 3.000 €.

Os gastos subvencionábeis serán a adquisición de material (elementos antisépticos ou desinfectantes, produtos hixiénicos e de limpeza), arrendamentos e canons (arrendamentos de maquinaria, vehículos, locais ou instalacións), reparacións e conservacións, primas de seguros e subministracións (auga, gas, combustíbeis, electricidade).

Outros artigos

O Araño acolle o 13 de marzo un obradoiro de primeiros auxilios

O Centro Cultural da Capela (A Araño) acolle o vindeiro venres 13 de marzo un obradoiro gratuíto sobre primeiros auxilios. Trátase dunha actividade formativa dirixida a toda a cidadanía en xeral e voluntarios de atención sociosanitaria. O obxectivo do obradoiro é...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Luz e memoria”. Luís Celeiro

“Luz e memoria”. Luís Celeiro

Efectivamente, parece que o clima ten memoria para repetir episodios doutros tempos, facendocertezas do refrán popular, “nunca choveu que non escampara”, enraizado na nosa cultura e dandofe de que a choiva forma parte da paisaxe e da vida diaria en Galicia, de modo...

“Therians”. Xulio Xiz

“Therians”. Xulio Xiz

En terras relacionadas coa miña nenez, circulaba mediado o pasado século unha historia de amores nefandos, dos que se contaba que naceran pequenos monstros mestura de humano e cánido, que a familia se ocupara de facer desaparecer. Non se sinalaban persoas pero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.