A cuarta edición de Youtubeir@s recibiu 300 vídeos e 50 canles a 17 días de pechar a inscrición

06 Outubro 2020

As entidades organizadoras dos Premios Youtubeir@s (os servizos de normalización lingüística de dez concellos -incluído o de Rianxo-, das nosas tres universidades e da Deputación da Coruña) veñen de facer balance do acadado até o momento pola cuarta edición do certame, que vén marcado polas restricións da COVID e, para contrarrestar e conxurar a adversidade, por unha participación que rompe todas as marcas. Segundo fixeron saber, xa se presentaron máis de 300 vídeos e 50 canles á nova edición do concurso, a 17 días de pechar o prazo de presentacións. Competirán nas doce categorías nas que se dividen os galardóns. O obxectivo, unha vez máis: encher as redes de contribucións audiovisuais na nosa lingua.

Os concellos explican que a participación superou xa as cifras rexistradas na edición de 2019, ano no que concorreron ao certame 240 vídeos e 31 canles. Dende a organización dos Premios Youtubeir@s, agárdase que estes números aumenten nas últimas semanas de prazo, tendencia que se vén repetindo dende a posta en marcha desta iniciativa. O prazo de inscrición finalizará o vindeiro 23 de outubro de 2020 ás 23.59 h.

7.500 euros en premios

Segundo engaden as entidades organizadoras, a cuarta edición dos Premios Youtubeir@s conta con cambios significativos nas súas bases en comparanza con anos anteriores e un incremento da súa dotación económica, que pasa dos 6.500 euros de 2019 a 7.500 euros para repartir nas doce categorías do certame neste ano.

O concurso está aberto a todas as persoas maiores de 14 anos con canles e/ou vídeos en galego, auto-producidos, subidos a Youtube e que estean publicados con data posterior ao 27 de setembro de 2019. No caso de presentar unha canle, esta debe conter polo menos 5 vídeos, maioritariamente en galego e realizados con posterioridade a esa mesma data.

Ampliación de categorías

Unha das grandes novidades desta cuarta edición de Youtubeir@s será a reorganización e ampliación das diferentes categorías. Se en 2019 o certame estaba dividido en oito galardóns, para este 2020 haberá doce diferentes. Así, o concurso contará cos seguintes premios: canle, vídeo, youtubeir@, calidade lingüística, impacto, calidade técnica, comunicación, creatividade, musical, didáctico, pioneiro e premio do público. Os tres primeiros acompañaranse cunha dotación económica de 1.000 euros, mentres que os nove restantes chegarán aos 500 euros. En total, Youtubeir@s repartirá entre as persoas gañadoras 7.500 euros e o palmarés será decidido por un xurado conformado por persoas de recoñecido prestixio.

Premio do Público

Ademais de todo o que o xurado experto seleccione, tamén caberá a opinión xeral do público. Nesta cuarta edición, serán os/as seguidores/as quen propoñan os seus vídeos preferidos para concorrer ao Premios do Público. As propostas poderanse facer só a través do formulario habilitado na páxina web do Proxecto Youtubeir@s, cumprirán cos mesmos requirimentos das bases xerais e realizaranse antes do 23 de outubro de 2020. Entre o 2 e o 16 de novembro, abrirase a través das redes sociais un formulario de votación. Os tres vídeos que reciban máis votos do público pasarán ao xurado dos premios, que ratificará a votación do público logo de comprobar que cumpre as bases xerais.

Entidades organizadoras

Esta cuarta convocatoria do proxecto Youtubeir@s organízana os servizos de normalización lingüística dos concellos de Ames, A Baña, Moaña, O Grove, Ourense, Pontevedra, Rianxo, Ribadeo, Santiago e Teo; ademais das tres universidades galegas e da Deputación da Coruña. Con ela, preténdese seguir consolidando a comunidade creadora galega na rede mediante o fomento da creatividade con temas propios e ir xerando referentes en galego na plataforma Youtube.

Outros artigos

O Concello de Rianxo e a AECC activan un Club de Saúde

O Concello de Rianxo e a Asociación Española Contra o Cancro (AECC) organizan un Club de Saúde para dar servizo á poboación de todos os núcleos do termo municipal. A iniciativa, dirixida a persoas con cancro, superviventes ou familiares, busca mellorar a súa saúde...

+

“Quen manda aquí?”. Luís Celeiro

Non se sabe. Moitos non saben, nin queren saber, onde está o poder. En Grândola, VilaMorena, segundo o cantar de José Afonso, “o povo é quem mais ordena”. Aquí e agora,quen manda? E aqueles que mandan, que pretenden? Sería moi interesante que PedroSánchez...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cita a ciegas, en la tele”. Manuel Dominguez

“Cita a ciegas, en la tele”. Manuel Dominguez

Hay un programa en la tv, de cita a ciegas, lo veo, desde mi afición al conocimiento humano y a la sociología, desde, cuando conocí a Amado de Miguel. Hay una pregunta para mi extraña, la que las chicas hacen a los chicos, ¿Y tú cuantas veces puedes hacer el amor en...

“Altri, la tragedia que se avecina” – Manuel Domínguez

“Altri, la tragedia que se avecina” – Manuel Domínguez

Además de a Rianxo, Boiro, A Pobra y Ribeira, el agua del Ulla llega a Padrón, Dodro, Catoira, Valga y Pontecesures, y también está conectado Vilagarcía. En total, cerca de 150.000 personas las que se abastecen de una red que actualmente presenta algunas dificultades...