A Biblioteca de Boiro retoma o Club da Lectura con A arte de trobar de Santiago Lopo

06 Outubro 2020

O Concello de Boiro, a través do departamento de Cultura, retoma a actividade do Club de Lectura da Biblioteca Municipal de Boiro. A xeira literaria deste mes vai xirar arredor de A arte de trobar do escritor galego Santiago Lopo. O vindeiro mes lerase e comentarase Malaherba de Manuel Jabois.

O obxectivo do Club é incrementar o pracer da lectura ao compartilo con outras persoas que, unha vez ao mes, se reúnen para comentar o libro lido.

Nas xuntanzas mensuais debatese sobre o estilo literario, os personaxes… e mesmo sobre as experiencias persoais dos participantes.

Os libros poden collerse na Biblioteca de Boiro, na Casa da Cultura, a partir deste mércores 7 de outubro. O Concello lembra que “para respectar os protocolos de prevención da COVID-19, as prazas para participar no Club son limitadas e as inscricións poden facerse de xeito presencial na biblioteca, no teléfono 981 84 84 10 ou no enderezo electrónico boiro.rbgalicia@eidolocal.es”.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.