A axenda cultural de Boiro vén con teatro para nenos e un concerto do rapeiro local Manuel Astray

16 Outubro 2020

Outubro segue achegando en Boiro citas culturais que marcar no noso calendario. Este venres 16, sen ir máis lonxe, a Casa da Cultura vai acoller o espectáculo de contacontos As pitas baixo a choiva, de Ghazafelhos Teatro. Trátase da historia de Ludivina e Tereija, que son dúas pitas que viven no curral da Barreira e que están a devecer pola visita de Ricardiño, que é o neno que vén xogar con elas, cousa que periga por mor da choiva, xa que o neno tolea cando chove e persegue as pitas até pechalas no curral.

O espectáculo é unha adaptación do conto de Ricardo Carvalho Calero do mesmo nome. O elenco está formado por Pablo Sánchez “Pablísimo”, e o guión e a dirección corre a cargo de Pepablo Patinho. A cita infantil está programada para as 20.00 horas do día 16. O Concello lembra que as prazas son limitadas e que as entradas poden conseguirse na Casa da Cultura, o mesmo día do espectáculo a partir das 16.30 horas.

O venres 23 de outubro proseguen as historias para nenas e nenos da man de Avento Teatro, que representarán O mazo de Oz na Casa da Cultura de Boiro, a partir das 20.00 horas. Novamente as prazas serán limitadas por mor da actual situación sanitaria. As entradas poden conseguirse na Casa da Cultura, no mesmo día do espectáculo a partir das 16.30 horas.

O sábado 24 de outubro temos unha cita coa música. Será grazas ao concerto de Manuel Astray, local Leñaverde do Centro Social de Boiro a partir das 20.30 horas. A reserva de entradas pode facerse a través do enderezo electrónico reservacultura@boiro.gal. Manuel Astray é un músico local que se deu a coñecer nas redes sociais durante o confinamento, onde conseguiu importantes éxitos de audiencia coas súas contribucións ao rap (por exemplo superando co tema 22:22 as 80.000 reproducións en Youtube).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.