A aula CeMIT de Boiro abre as inscricións para catro novos cursos sobre outras tantas ferramentas TIC

15 Outubro 2020

A aula CeMIT do Concello de Boiro, emprazado no Centro Social, presentou unha nova oferta formativa de cursos para o mes de novembro, trátase de catro actividades sobre outras tantas ferramentas tecnolóxicas ao servizo da capacitación dixital e da empregabilidade. O prazo de inscrición dos cursos está xa aberto, e toda a información a disposición das persoas usuarias na web municipal.

Os días 2, 3, 4 e 5 de outubro vaise impartir un curso sobre a suite ofimática libre LibreOffice Base. Os días 9, 10 e 12 de novembro o curso que se vai impartir é o de deseño gráfico con Inkscape. Os días 16, 17, 18 e 19 de novembro, deseño coa ferramenta WordPress e os días 23, 24, 25 e 26, curso de manexo de WOOcomerce.

Todas as actividades formativas son presenciais, en horario de 10.00 a 12.30 horas na aula CeMIT de Boiro. As inscricións e toda a información está a disposición das persoas interesadas no propio centro de dinamización tecnolóxica, de xeito presencial, no enderezo electrónico axentetic@boiro.org ou no teléfono 981 84 26 35.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...