A Asociación de Empresarios de Ribeira rende homenaxe ao comercio tradicional e á peseta na súa nova campaña

14 Outubro 2020

A Asociación de Empresarios de Ribeira, en colaboración co Concello, activa este 15 de outubro unha innovadora e rechamante campaña para impulsar as vendas nos establecementos locais e reivindicar o comercio de proximidade nuns tempos, estes que estamos a vivir, no que se fai máis que preciso ca nunca o apoio da cidadanía. A campaña Compra no comercio local e paga en pesetas consiste precisamente niso: en facer un chamamento para que apoiemos ao noso comercio ao tempo que rende homenaxe á moeda que nos acompañou antes da chegada do euro e que, para moitas e moitos, simboliza uns saudábeis hábitos de compra que nada teñen que ver con acudir por sistema ás grandes superficies. A campaña remata nunha data significativa: o 30 deste mes, ou sexa, xusto un día antes de que remate o prazo para cambiar pesetas por euros no Banco de España.

Por estes motivos, a Asociación de Empresarios quere facilitar ós clientes a posibilidade de mercar con pesetas nos establecementos que participan nesta campaña e así dar uso ás históricas moedas que a veciñanza aínda poida ter gardadas.

Segundo informou a asociación, será ela mesma a que se encargue de trocar as pesetas por euros aos comercios, carrexándoas ao Banco de España para canxealas por euros.

Nesta campaña participan 25 establecementos asociados, pero o prazo para adherirse segue aberto, polo que se convida a máis tendas a participar. Na iniciativa toman parte activa diversos sectores: compañías de seguros, talleres de vehículos, comercios de roupa, establecementos de hostalería, concesionarios….

Outros artigos

Ribeira prepara xa a III Milla do Día da Hispanidade

O Concello de Ribeira colabora coa Escola de Boxeo El Canario no desenvolvemento da III Milla Día da Hispanidade que se celebra o vindeiro luns 12 de outubro con saída ás 11.00 horas, dende o Malecón. Á presentación asistiron o concelleiro de Deportes, Álex Vidal, e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.