“Unha lexislatura para a rexeración das rías e dos ríos de Galicia”. Antón Luaces

23 Setembro 2020

O Goberno central ven de dar o visto e prace ás obras de rexeración da ría do Burgo (A Coruña-Culleredo-Cambre-Oleiros) que se van realizar no prazo de dous anos e dous meses e que contan cun orzamento de algo máis de 48 millóns de euros. As obras están pendentes de licitación, máis semella que, tal e como reclamara hai días o portavoz du Grupo Socialista, Pablo Aragüena, a lexislatura recén iniciada na Comunidade galega pode ser a da rexeración das rías e dos ríos de Galicia mediante a implantación dun Plan Integral que garanta o mantemento das condicións das infraestruturas existentes, mellore as EDAR (estacións depuradoras de augas) e o proceso de tratamento do saneamento evitando os vertidos contínuos, á vez que se reducen os niveis de contaminación polos que a Unión Europea está a impoñer sancións por incumprimento da normativa comunitaria en territorio galego.

Pablo Aragüena presentou na Cámara autonómica unha batería de iniciativas parlamentarias a este respecto.  polas que reclama  unha “intervención firme e decidida” do goberno galego que “mantén un desleixo que erosiona a credibilidade do país, resta recursos que se poderían dedicar á mellora da calidade da auga e ameaza o acceso a posibles fontes europeas de financiamento”.
Após a visita dunha comisión de eurodeputados para revisar a depuración das rías en 2013, España foi sancionada pola falta de tratamento en Santiago, Vigo e Ribeira, e noutros procedementos de sanción en materia de saneamento e depuración no eixo Pontevedra, Marín, Poio, Bueu, mentras Augas de Galicia leva detectados, no ano 2019, un total de 1.575 vertidos na costa galega.
Vinte anos despois da aprobación da directiva Marco da Auga, lembra o deputado socialista, “a situación de contaminación das rías galegas é especialmente grave”, e engade que “a ninguén se lle escapa que este desastre  ten que ver coa herdanza que deixou o Goberno de Rajoy e coa nefasta xestión do goberno galego en materia de depuración de augas residuais”.
O problema da contaminación das rías e dos ríos de Galicia non é tan só medioambiental. Tamén é económico, afirma Aragüena, “por canto merma a riqueza acuícola, piscíscola e marisqueira das nosas rías, das que dependen milleiros de postos de traballo en Galicia”, o país dos mil ríos “e tamén a primeira comunidade autónoma en quilómetros de costa”.

Outros artigos

“A UE cara o primeiro Pacto Europeo dos Océanos”. Antón Luaces

O chipriota Costas Kadis, de 57 anos, será -se así o decide o Colexio de Comisarios- o próximo Comisario de Pesca e Océanos da Comisión Europea- A proposta de nomeamento parte da presidenta deste organismo da UE, Ursula von der Leyen, quen confía en que o político...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Atoparse coma galiña en curral alleo” – Antón Luaces

“Atoparse coma galiña en curral alleo” – Antón Luaces

Así foi como me sentín días pasados seguindo a retransmisión que facía a TVG dun campionato de billarda que, por ter sintonizado tarde o programa, descoñezo se a proba deportiva citada tiña carácter local, comarcal ou galego. Sexa como for, o caso é que, contemplando...