A UNED Senior achega formación musical e tecnolóxica aos maiores de Rianxo

11 Setembro 2020

A Universidade Nacional de Educación a Distancia, a UNED, prosegue neste inicio do novo curso coa súa actividade formativa para as e os maiores de Rianxo, a través da súa iniciativa UNED Senior. Para este primeiro cuadrimestre do curso, haberá tres cursos sobre música (dous deles) e, tamén un ámbito cada vez máis demandado e con maior presenza nas nosas vidas: as tecnoloxías da información.

Segundo confirmou o Concello, xa está aberto o prazo de inscrición para esta achega formativa da UNED, un proxecto educativo destinado a persoas maiores de 50 anos.

As materias que se van impartir son as seguintes:

· Canto tradicional e canto coral.

· Iniciación aos teléfonos móbiles e tabletas intelixentes. Nivel Básico.

· Práctica instrumental: gaita e percusión. Nivel intermedio.

As prazas son limitadas, por orde de inscrición, e o prazo remata o 30 de setembro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Una desgracia peor que la de Adamuz”. José Fernández Lago

“Una desgracia peor que la de Adamuz”. José Fernández Lago

Esta, sufrida en Urda, ha sido más dura, no solo por el número de muertos y heridos, sino también porque “llueve sobre mojado”. Las palabras “inverosímil e inexplicable”, del responsable de los transportes en España, no se sostienen ante el principio que hemos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.