SumaRibeira responde ás explicacións dadas polo Concello a raíz do proxecto do Auditorio

28 Setembro 2020

A agrupación SumaRibeira presentou os días pasados un comunicado de resposta fronte as declaracións do alcalde Manuel Ruíz a respecto do novo Auditorio Municipal e das circunstancias nas que se atopa o proxecto. Ante o manifestado polo rexedor, SumaRibeira declara o seguinte: “Presentándoo como un argumento central, que amosaría, segundo a súa libre interpretación, unha incoherencia que as concelleiras da oposición non permitisen a licitación do Auditorio por un valor total duns 4.700.000€, o alcalde afirmou que este incremento orzamentario levaría a ter que dispoñer só de 1.200.000€ ,300.000€ menos dos 1.500.000€ que no pleno de 26-11-2019 se aprobaran en concepto de ampliación de crédito para esta infraestrutura”.

SumaRibeira engade que “se cadra inconscientemente traizoado pola incerteza do resultado da votación que terá lugar no pleno deste luns 28 de setembro, con estas declaracións está esquivando a realidade dos feitos, que é claramente incompatible coa veracidade das declaracións feitas polo alcalde”.

A agrupación engade que “o que realmente dixo o alcalde, tanto en xunta de voceiras como no pleno do 26-11-19 foi que se solicitaba a aprobación do crédito por 1.500.000€ por necesidade legal de dispoñer de liquidez inmediata suficiente para poder licitar con prontitude a obra, e así cumprir os prazos de execución condicionados polos fondos FEDER”. A plataforma ribeirense opina que “se dixo con toda claridade que co comprometido ata ese día en subvencións xestionadas pola alcaldía, como máximo o Concello precisaría só 500.000€ dese millón e medio, é dicir, incompatiblemente co afirmado por el, de aprobarse o presuposto de 4.200.000€ (equipamento excluído) o Concello precisaría dispoñer de 700.000€ máis dos 500.000€ prometidos, e non os 300.000 menos de 1.500.000 que equivocadamente argumenta agora”. A respecto de todo isto, SumaRibeira considera que “o rexedor incorre nun desfase dun millón de euros, pois di que son 300.000 menos de 1.500.000 cando son realmente 700.000 máis do tope de 500.000 ao que se comprometera”.

A plataforma engade que a todo o devandito cumpriría sumar “o custe do equipamento do Auditorio, que ao parecer estaría ao redor de 400 ou 500 mil euros”. Visto o exposto, din, “cremos que non existe a máis mínima incoherencia entre que o pleno do 26-09-19 aprobara o citado crédito de 1.500.000€ (cos votos a favor do PP e BNG, abstención do PSOE e votos en contra do PBBI e SumaRibeira), e que agora calquera concelleira da oposición decida votar en contra”.

Outros artigos

Ribeira volverá gozar da música ao abeiro da Aula Galega deSaxofón

A décimo oitava edición da Aula Galega de Saxofón chega ao Conservatorio Profesional de Música "Enrique Paisal" neste mes de maio. Trátase dun ciclo formativo arredor de dito instrumento con participación de alumnado do conservatorio ribeirense, así como doutros...

+

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Por qué mueren las aldeas” – Manuel Domínguez

“Por qué mueren las aldeas” – Manuel Domínguez

Por qué mueren las aldeas. Progreso de unos muerte de otros. Pasó en Portugal, pero podía ser aquí, y es aquí. Estaba en un viejo bar de aldea, cerca de una vieja estación de tren, estación que descansa en el olvido. Al otro lado en la aldea unas pocas casas...

“Un gravísimo error” – Manuel Domínguez

“Un gravísimo error” – Manuel Domínguez

Madre, error, gravísimo error. Un atardecer en la terraza, mesa colindante un niño, chiquitín le pregunta a la madre, cuando vendrá el coco o el hombre del saco. La madre responde más tarde al anochecer. Luego la madre se queja que el niño reclame luz encendida para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.