SumaRibeira pide abrir un debate coa cidadanía e cos seus representantes arredor da variante de Ribeira

18 Setembro 2020

A agrupación SumaRibeira vén de lanzar un comunicado no que plasma a súa posición sobre o proxecto de circunvalación de Ribeira (variante), elaborado a instancia do Concello para mellorar o tráfico no caso urbano da cidade. A respecto da iniciativa e dos seus aspectos máis relevantes, a plataforma que lidera Xurxo Ferrón critica o feito de que se teñan que producir, “en números redondos”, até 200 expropiacións de terreos.

“Polo tanto”, sinala a agrupación cidadá, “haberá 200 propietarios que verán afectados os seus bens por unha Lei coa que non compartimos diferentes cuestións: non é unha lei da Democracia, é unha lei herdada da ditadura que ten pouco respecto polas persoas expropiadas ás que pouco máis dereito se lle recoñece que o do pataleo e moitas veces unhas miserentas indemnizacións”.

SumaRibeira tamén critica que o novo viario proxectouse sen “que se fixeran estudos de mobilidade que permitisen detectar cales son as carencias e necesidades e poder abordar en profundidade cales son as necesidades de transporte público (frecuencias, respecto de horarios, …) que necesariamente contribuirían a aliviar o uso do vehículo particular”.

Outro punto no que pon o foco a agrupación é que o “problema do estacionamento de vehículos que ten a cidade de Ribeira” non se reflicte nunha gran afluencia de tráfico: “Aínda recoñecendo retencións en momentos puntuais (fundamentalmente provocados por obras) e en determinados días de verán e a horas moi concretas o tráfico é, ao noso entender o suficientemente fluído como para afirmar que non é un problema grave, sobre todo tendo en conta cal é a trama urbana de Ribeira que non dá para máis.

A maiores, a plataforma tamén mostra a súa preocupación “polos problemas ambientais que vai producir a construción do viario tal é como esta proxectado, tanto no que se refire ao importante movemento de terras, ás afección aos acuíferos, os grandes desniveis que vai ter parte do trazado, ademais das afeccións que se van producir na flora e fauna de todo o trazado”.

En virtude de todo isto, SumaRibeira recomenda que “antes de tomar decisións precipitadas, non debatidas pola cidadanía, nin tan sequera polos seus representantes, se aprace a construción da estrada chamada variante e se abra un debate sobre as cuestións que suscitamos”.

Outros artigos

A xornalista Nieves Concostrina estará este mércores no Liceo de Noia

Este mércores 30 de setembro, a xornalista e escritora Nieves Concostrina estará no Liceo de Noia para conservar sobre a súa obra, os seus libros e a súa traxectoria na radio. Estará acompañada polo alcalde, Francisco Pérez Caamaño, e por José M. Romarís. A conversa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

Cando existe unha emerxencia habitacional, todas as Administracións Públicas teñen que poñerse as pilas para garantir o Dereito á Vivenda, recoñecido na Constitución española así como en moito Tratados e Organismos Internacionais. Algúns nos preguntamos, actualmente,...

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.